Centro Galego de Artes da Imaxe - CGAI Centro de difusión e documentación das artes da imaxen da Xunta de Galicia. Institución responsable en Galicia da conservación, recuperación e difusión do cine e da fotografía, tanto a nivel histórico como contemporáneo.
O soportal do audiovisual galego - AVG O obxectivo deste sitio é a creación de mercado para a producción audiovisual galega. Contén novas, reportaxes, información de certames e descargas. Pertence a culturagalega.org.
Curtocircuíto É un festival de curtametraxes realizado en Santiago de Compostela no que participan curtas de ficción, animación e videocreación do panorama internacional.
Academia Galega do Audiovisual Ten o propósito de se transformar no espacio común para tódolos profesionais que forman o conxunto audiovisual galego; actores, productores, directores, realizadores, guionistas, músicos, directores de fotografía e decoradores entre outros.
Galicia Film Commission Agrupación que tenta promocionar Galicia coma escenario para filmes. Datos de contacto, ligazóns e guía do audiovisual galego.
Festival de Cans Celebrado no Porriño na aldea de Cans. Premia as mellores curtametraxes galegas. Historia, programa, organización e novas.
Cinema Friki Weblog con comentarios sobre películas, series, animación e personaxes da gran pantalla.
Cineclube Lumière Asociación cultural sen ánimo de lucro que ten por fin social a promoción e difusión da cultura cinematográfica. Programa semanalmente películas en versión orixinal subtitulada. Ademáis realiza outras actividades relacionadas co mundo audiovisual, tales como cursos sobre cine ou vídeo, concursos e colaboracións con diversas entidades e organizacións sociais.
Ibercon Celebración conxunta da convención hispana de fantasía e ciencia ficción (Hispacon) e os encontros de ficción científica e fantástico de Portugal, fundidos nun proxecto maior, a xuntanza ibérica do xénero fantástico.